NOVIDADES NA LIGA DE PADEL

5-LIGA-DE-PADEL-2014-15-212x300Estimados compañeiros:

Dende a A.C.D CNP Galicia, e á vista das diversas incidencias remitidas polos que xogades a LIGA DE PADEL POLICIAL, que ten que ver coas instalacións, informámosvos dos seguinte:

  • Dende este momento, empezaremos a xogar nas instalacións de «0,0 PADEL«, sitas na C/ Gutemberg, 30 da Coruña (antiga PLANETPADEL). Google Maps.
  • Cremos que ademais de mellores instalacións ao mesmo prezo, ofrecen outras alternativas como clases baratas, ofertas de menús, material, etc.
  • Irémosvos informando con detalle de tarifas fóra de liga.

Esperamos que estes cambios non sexan un trastorno.

Seguimos traballando.

Un saúdo.