HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN (II)

Dende a ACD CNP Galicia queremos trasladar á SD ORZAN o noso máis sincero agradecemento polo precioso detalle de organizar un partido de Homenaxe aos nosos compañeiros: Rodrigo, José Antonio e Javier.

Tras o partido de exhibición, entre veteranos do RC Deportivo daCoruña e unha selección do CNP desa cidade, fíxose entrega, aos representantes de corpo, dun cadro no que se recorda aos nosos compañeiros.

Do mesmo xeito queremos destacar a participación dos Veteranos do DEPOR, por dedicar parte do seu tempo a participar neste acto de recordo.

Eternamente agradecidos.

Album Fotográfico

HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN

Os campos da Torre acollen este fin de semana os partidos do XI Memorial Manuel Fernández Faraldo organizado polo Orzán SD. Ademais dos encontros de todas as categorías que se van disputar, dende prebenxamín ata afeccionados, pasando por feminino nacional, os Veteranos do Deportivo participarán nun encontro homenaxe.

O equipo de Veteranos do Deportivo disputará o sábado 30 de agosto un partido contra un equipo da Policía para recordar os “Heroes del Orzán”. O encontro terá lugar o sábado ás 17:30 horas no campo 5 da Torre.
Fonte:
http://www.canaldeportivo.com

A.C.D. C.N.P. GALICIA 5ª NO CAMPEONATO DO MUNDO DE FUTBOL SALA POLICIAL

Os pasados días 25-29 de novembro, celebrouse en Lommel(Bélxica) a “19th edition WORLD POLICE FUTSAL TOURNAMENT“. Esta era a primeira ocasión na que se presentaba un equipo galego, o da nosa A.C.D. CNP GALICIA

Nesta asociación, do ámbito do Corpo Nacional de Policía, estamos moi orgullosos do
quinto posto obtido.

NOTA DE PRENSA

Álbum Fotográfico

Continue reading “A.C.D. C.N.P. GALICIA 5ª NO CAMPEONATO DO MUNDO DE FUTBOL SALA POLICIAL”