HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN (II)

Dende a ACD CNP Galicia queremos trasladar á SD ORZAN o noso máis sincero agradecemento polo precioso detalle de organizar un partido de Homenaxe aos nosos compañeiros: Rodrigo, José Antonio e Javier.

Tras o partido de exhibición, entre veteranos do RC Deportivo daCoruña e unha selección do CNP desa cidade, fíxose entrega, aos representantes de corpo, dun cadro no que se recorda aos nosos compañeiros.

Do mesmo xeito queremos destacar a participación dos Veteranos do DEPOR, por dedicar parte do seu tempo a participar neste acto de recordo.

Eternamente agradecidos.

Album Fotográfico