HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN

Os campos da Torre acollen este fin de semana os partidos do XI Memorial Manuel Fernández Faraldo organizado polo Orzán SD. Ademais dos encontros de todas as categorías que se van disputar, dende prebenxamín ata afeccionados, pasando por feminino nacional, os Veteranos do Deportivo participarán nun encontro homenaxe.

O equipo de Veteranos do Deportivo disputará o sábado 30 de agosto un partido contra un equipo da Policía para recordar os «Heroes del Orzán». O encontro terá lugar o sábado ás 17:30 horas no campo 5 da Torre.
Fonte:
http://www.canaldeportivo.com