I ASAMBLEA XERAL DA ACD CNP GALICIA

asamblea-general-asoc-e1421998889928Estimados Socios:

Mediante o presente Correo vos Convocamos á «I Asemblea Xeral da ACD CNP Galicia». que se celebrará o próximo venres 30 de xaneiro, ás 15:30 horas en primeira convocatoria e ás 16:00 horas en segunda, no Salón de Actos de Lonzas (A Coruña).

Orde do día.

  1. Lectura e aprobación da orde do día.
  2. Informe e aprobación de Xestión de Actividades.
  3. Informe e aprobación de Xestión Económica.
  4. Presentación e aprobación da normativa de creación de DELEGACIÓNS.
  5. Presentación de Actividades de 2015.
  6. Rogos e Preguntas.

Pregamos confirmen asistencia, ben por este medio ou vía whatsapp ao 607780733 (Santi).

Esperando contar con todos eles, recibir un cordial saúdo.
Santi Rey
PRESIDENTE

A.C.D. CNP Galicia
http://acdcnpgalicia.com/

CAMPIONATO NACIONAL DE FÚTBOL 7 PARA POLICÍAS – TORRE DE HÉRCULES

A Asociación Cultural e Deportiva Policía Local da Coruña e a Asociación Cultural e Deportiva CNP Galicia, despois de darlle moitas voltas ao tema e coa idea de satisfacer as moitas peticións de varios compañeiros, cos que coincidiamos noutros torneos e que continuamente nos preguntaban, para cando un torneo deste calibre en Galicia?, unímonos para poñer en marcha o I º Campionato Nacional de Fútbol 7 para policías «TORRE DE HERCULES«.

Pouco a pouco iremos informando sobre todas as cuestións relacionadas co evento…

Para estar o día recomendamosvos a web (http://campeonatof7policialtorredehercules.blogspot.com.es/) ou seguir la páxina do Facebook da Asoc. (https://www.facebook.com/acdcnpgalicia).

NOVIDADES NA LIGA DE PADEL

5-LIGA-DE-PADEL-2014-15-212x300Estimados compañeiros:

Dende a A.C.D CNP Galicia, e á vista das diversas incidencias remitidas polos que xogades a LIGA DE PADEL POLICIAL, que ten que ver coas instalacións, informámosvos dos seguinte:

  • Dende este momento, empezaremos a xogar nas instalacións de «0,0 PADEL«, sitas na C/ Gutemberg, 30 da Coruña (antiga PLANETPADEL). Google Maps.
  • Cremos que ademais de mellores instalacións ao mesmo prezo, ofrecen outras alternativas como clases baratas, ofertas de menús, material, etc.
  • Irémosvos informando con detalle de tarifas fóra de liga.

Esperamos que estes cambios non sexan un trastorno.

Seguimos traballando.

Un saúdo.

HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN (II)

Dende a ACD CNP Galicia queremos trasladar á SD ORZAN o noso máis sincero agradecemento polo precioso detalle de organizar un partido de Homenaxe aos nosos compañeiros: Rodrigo, José Antonio e Javier.

Tras o partido de exhibición, entre veteranos do RC Deportivo daCoruña e unha selección do CNP desa cidade, fíxose entrega, aos representantes de corpo, dun cadro no que se recorda aos nosos compañeiros.

Do mesmo xeito queremos destacar a participación dos Veteranos do DEPOR, por dedicar parte do seu tempo a participar neste acto de recordo.

Eternamente agradecidos.

Album Fotográfico

HOMENAXE “HEROES DEL ORZAN” DA S.D. ORZÁN

Os campos da Torre acollen este fin de semana os partidos do XI Memorial Manuel Fernández Faraldo organizado polo Orzán SD. Ademais dos encontros de todas as categorías que se van disputar, dende prebenxamín ata afeccionados, pasando por feminino nacional, os Veteranos do Deportivo participarán nun encontro homenaxe.

O equipo de Veteranos do Deportivo disputará o sábado 30 de agosto un partido contra un equipo da Policía para recordar os «Heroes del Orzán». O encontro terá lugar o sábado ás 17:30 horas no campo 5 da Torre.
Fonte:
http://www.canaldeportivo.com